un dos beefs que máis me interesaron na carreira é o enfrontamento entre Darwin e Marx. Darwin soltou un par de chorradas liberais xustificándose na súa interpretación de certas conductas animais. Marx contestáralle algo así como que viaxou polo mundo para acabar atopando na natureza a sociedade industrial inglesa da que procedía. é dicir, a forma de interpretar a natureza reproducía a ideoloxía burguesa da Inglaterra decimonónica, facendo pasar esas lecturas como obxectivas e xusticantes dese modelo de produción. Mutazione ten algo diso polo lado contrario: pretendendo fuxir das lóxicas violentas do capital, acaba atopando na harmonía e sensación de apoio dos ecosistemas un modelo político que lle agrada. o xogo vai un pouco así, ti chegas a unha illa onde se atopa o teu avó moribundo, durante máis ou menos unha semana, formarás xardíns máxicos cos que axudar á xente da vila nos seus pequenos problemas. eses xardíns teñen distintas prantas, con distintas necesidades, ás que ti axudas a crecer tocando cancións. as propias prantas producen sons que, en compañía, acaban xerando a canción ó completo. hai, polo tanto, un traballo de relacións simbólicas triple: os ecosistemas precisan de variedade e colaboración para sobrevivir, como unha canción ten distintos instrumentos con diferentes harmonías, baixos e percusións; como unha comunidade está chea de individuos que manteñen relacións sociais para vivir mellor. todo isto se estrutura con outras decisións moi brillantes: o uso da soap opera, co seu interese nos pequenos dramas locais, para levar a parte dramática de cada personaxe; a historia das mutacións e o pasado en ruinas da illa, para construir toda unha imaxe de outsider, dalgo maldito ou en decadencia, case monstroso, co que moitas veces defínese a xente que vive en vilas pequenas; así como un ciclo de días e franxas horarios para traballar esa sensación do ordinario, da repetición e o costume. entendo que moita xente o considere naif, pero para min aí tamén está parte da súa forza.

Reviewed on Mar 24, 2024


Comments