Cando estaba a punto de acabar o xogo, bug e adeus partida

O videoxogo no que se mostra a incidencia do capitalismo na humanidade

Bug que me deixa sen poder acabar este videoxogo.
Recomendo ? Non, polo menos a versión que está en Steam dende logo non a recomendo

Videoxogo cortiño (unhas 2 horas), con unha BSO bonita e cunha historia que ao principio un tanto confusa, pero canto máis te achegas ao final vamola entendendo mellor.
Recomendado ? É un xogo curto, polo tanto si o recomendo.

Pedazo reboot lle fixeron a saga de Tomb Raider. Temos unha Lara Croft, nova, sen experiencia e na que se vai enfrontar a todos sen importar quen sexa para poder sobrevivir. Encantoume o videoxogo, xa xogará a versión Survival en Steam no 2020.
Cousas que me gustaron:
- O número de coleccionables é o adecuado e está bastante ben atopalos. Polo menos ten a recompensa de que che dan experiencia.
- A historia está ben.
- Lara vai evolucionando durante a partida.
- A curiosidade do videoxogador é recompensada con experiencia para obter habilidades ou restos para mellorar as armas.
- O parkour, a pesar de que che indican con paredes brancas por onde tes que ir ou podes subir, está chulo. Polo menos non está automatizado.

Erros que me saíron durante a miña partida: fallos de texturas, fallos de físicas e lugares onde Lara se podía agarrar perfectamente, non se agarraba de maneira correcta, escenas onde a linguaxe non se correspondía co movemento da boca dos personaxes. Non entendo tampouco que haxa tantos DLCs que o unico que son para sacar cartos aos xogadores sen aportar nada ( e si unha skin o unha tumba non aporta nada, so é para alongar o xogo o para ver con outra roupa a Lara)
Esa é a miña review deste videoxogo.
Recomendo ? Si, absolutamente.

Unha bonita e boa experiencia que nos da este curto videoxogo.

2019

Seen
Ano: 2019
Dev: Seen Games
Pub: Seen Games

Seguramente escoitaches máis dunha vez que os videoxogos non son unha arte, que non transmiten sentimentos, que consisten "en matar marciáns" e un sen fin de mensaxes despectivos.
Pois ben, invito a toda aquela persoa que pense isto, por ben por descoñecemento ou por simplemente nunca xogou a un videoxogo e se educou noutro contexto onde dominaban outro tipo de medios artísticos, que o xogue ou vexe un gameplay de Seen. De verdade o recomendo non soamente para esas persoas senón tamén para todos aqueles que desfrutan con esta industria. Non vou falar sobre os aspectos técnicos do propio xogo, porque non son quen de analizar iso. Se tal podo dicir que en canto ao apartado musical está ben e é desfrutable todo o videoxogo.
Por último quero destacar que é un videoxogo indie.
PD: Está en Steam por menos de 2 Euros.